top of page

Contextualización

 

  Deseñamos tarefas nos diferentes niveis de Infantil e Primaria cunha finalidade social, significativa e relacionada con distintas parcelas de coñecemento e competencias básicas: a creación da guía audiovisual "Móvete por Cangas", que busca dar a coñecer o patrimonio natural, histórico e sociocultural do concello de Cangas a pequenos e grandes viaxeiros/as.

  Os cativos de Educación Infantil fálannos nela da nosa vila dende os espazos naturais, a gastronomía, as festas e a arte. Os nenos/as de Primaria  dende as fotografías antigas de Cangas, a historia da nosa vila, os deportes, os medios de transporte, a música, as danzas típicas, os achados prehistóricos e os xogos populares.

bottom of page