top of page

Iniciamos a tarefa: "Roteiro polos achados prehistóricos do Morrazo"

Dentro do proxecto de centro "Piensa, crea acción"*, os alumnos/as do colexio Santa María de Magán envíannos ó CEIP A Rúa un vídeo no que nos fan preguntas sobre a nosa vida cotiá, o colexio e a vila onde vivimos, Cangas de Morrazo. Este vídeo será un primeiro contacto co alumnado de Bordils e Magán.

  • Comezamos a analizar as preguntas do vídeo e clasificámolas, indicando posibles vías para contestalas:

Preguntas sobre nós: De xeito voluntario, os nenos que queiran contestarán ás mesmas rodando un plano. Para iso previamente elaborarán un texto escrito, supervisado polas profesoras, que logo deberán ensaiar diante dun espello.

Preguntas sobre o colexio: Haberá que acordar co resto das aulas, cales contestará cada curso. Rodaremos planos para contestalas.

Preguntas sobre Cangas: Como estamos participando no proxecto Cinema en curso, queremos gravar unha correspondencia visual con Bordils, como fixeron os cineastas Mekas con Guerin. Como tamén estamos levando a cabo un proxecto de aula sobre A Prehistoria, queremos propoñerlles a participación nun roteiro polos achados prehistóricos do Morrazo, cando veñan visitarnos os nenos de Bordils e Toledo. Esta última idea é a orixe da nosa tarefa.

* Centros participantes neste proxecto que busca a mellora da calidade do ensino a través dos medios audiovisuais: Santa María de Magán (Toledo), Escola de Bordils (Girona) e CEIP A Rúa (Cangas)

Visionando o vídeo do colexio de Magán e tomando notas:

Algúns momentos da rodaxe dos planos onde os nenos contestan ás preguntas formuladas polo alumnado de Magán:

O último
Busca por tarefas
Busca por cursos
No hay tags aún.
bottom of page