Traballando os textos dos espazos naturais co alumnado de 5º E.P.
- 14 may 2016
- 2 min de lectura
Os nosos espazos naturais figurarán en Móvete por Cangas para dar a coñecer os moitos e variados lugares de interese natural que temos repartidos pola nosa comarca do Morrazo.
Figurarán todos aqueles que nos aportaron os nen@s xunto coas súas familias a través do Libro Viaxeiro. Pero para concluír o noso traballo na guía, precisamos colaboración para poder manexar os textos coa información que nos aportaron as familias; sintetizar, completar nos casos necesarios... para que os espazos naturais que pretendemos amosar vaian o máis claros e completos para facilitar a tarefa de búsqueda a calquera usuario da nosa guía. Polo tanto, a idea diríxese á aula de 5º E.P para que se involucren no proxecto contribuíndo a traballar nos textos que temos sobre os nosos espazos naturais. Será un traballo por parellas: cada neno de 4 anos estará apadriñado por un neno de 5º E.P, traballarán sobre o texto do espazo natural que cada neno de 4 anos visitou cos seus pais.
Comezan as sesións cunha presentación e encontros coas parellas


Os nenos de 4 anos lle presentan os seus espazos naturais e os textos a traballar.
3 4 6
Cos datos e os textos que xa teñen os maiores, entre todos elaboran, coa axuda do seu titor, uns guións para facilitar que datos son os que interesan en cada caso.
reparto1.recorta guion3.recorta guion2.recorta
Nesta ocasión , os nenos de 4 anos deciden ensinarlle os mapas nos que temos ubicados os nosos espazos naturais, datos que serán de gran interese para os textos.
11 10
Buscan na web, en libros e Guías de Cangas para completar datos, contrastar información.....
13 15 9
Parece que cada vez están máis completos os textos e recollen os datos máis importantes sobre os nosos espazos naturais que se lles pediu inicialmente, acordando por consenso os pasos a seguir e os criterios básicos que necesitamos para completar a información nos textos de xardíns, montes, praias e parques
Os nenos de 5º serán os que presenten os peques unha pequena mostra deste traballo case rematado. Será co visionado na nosa guía onde foron subindo toda a información...
texto11 texto12 16
Nesta captura de pantalla pódese ver como están dispostos os nosos espazos naturais con foto( aportada polas familias) e o texto traballado de forma cooperativa entre as dúas clases. Proceso que se repite con cada un dos nosos espazos naturais distribuídos en xardíns, montes, praias e parques.

Os peques de 4 anos ilustraron así a súa experiencia vivida ó longo destas xornadas de convivencia e traballo en equipo.
texto15 texto14 texto13
Os nenos de 5º E.P visitan a nosa clase. Nesta ocasión queren recoller notas para poder completar información.





















Comentarios