Traballamos co mapa de Cangas
- 21 sept 2015
- 1 min de lectura
Comezamos o noso proxecto "DESCUBRIMOS OS ESPAZOS NATURAIS DE CANGAS", creando un Libro Viaxeiro na aula para mandar ás familias. Deberán de visitar un espazo natural co seu fillo , fotografialo e aportar unha breve descrición do lugar escollido. Aquí podedes ver un exemplo do material que nos vai chegando á aula.


Cada neno vai informando ó resto dos compañeiros....

Cos espazos naturais que vamos descubrindo, decidimos que temos que ubicalos no mapa de Cangas.
IMG_0373 IMG_0368 IMG_0410 IMG_0170
Este proceso repetímolo con cada un dos espazos naturais que recibimos das familias, elaborando a nosa propia lenda sobre o mapa de Cangas( os números corresponden ó que lle poñemos a cada espazo natural que imos localizando no mapa. Como se pode apreciar na foto darriba).






















Comentarios