top of page

Creamos o noso mapa de Cangas.

Comezamos a pensar na idea de organizar unha ruta de sendeirismo para que entre todos coñezamos os diferentes espazos naturais que se nos ofrecen. A ruta 1 será polos arredores da fábrica- conserveira de Massó, na actualidade en ruinas.

Empregaremos a cámara fotográfica para retratar o que os nenos consideren de interese durante a ruta, e o mapa para orientarnos. Polo que decidimos facer o noso propio mapa para marcar o percorrido que imos facer en bus dende o cole ata a Fábrica de Massó. Tomamos como referencia o mapa que levamos manipulando dende o comezo deste proxecto. Traballamos en grupo cooperativo...consensuando o que se vai a plasmar, representando no papel, dando cor.....

Reparamos entre todos, nos elementos máis importantes que deben de aparecer ou naqueles que xa coñecen e forman parte da nosa ruta en bus. Tamén e debido ás súas apreciacións sobre o mapa e cos espazos naturais xa traballados na aula, deciden engadir aqueles que consideran significativos para a nosa vila.

1- O NOSO COLE, CEIP " A RÚA".

2- ROTONDA " DO GORDO".

3- PASEO DE RODEIRA.

4- ESCULTURA DO GALEÓN.

5- PARQUE GRANDE.

6- XARDÍNS DO SEÑAL.

7- CAPELA DO HOSPITAL.

8- FÁBRICA DE MASSÓ.

.......................................................

OUTROS LUGARES DE INTERESE:

9- MUÍÑO DO FAUSTO.

10- CENTRO DE SAÚDE.

11- PISTAS DE ATLETISMO.

12- CAMPO DE FÚTBOL.

13- CONCELLO.

14- COLEXIATA.

15- CAPELA DE S. ROQUE.

16- POBO DE CANGAS.

Será o mapa que empregaremos nas nosas rutas.

O último
Busca por tarefas
Busca por cursos
No hay tags aún.
bottom of page