top of page

Organizamos unha ruta de sendeirismo polos arredores de Massó

CON TODA A INFORMACIÓN QUE DESCUBRIMOS, AS EXPERIENCIAS VIVIDAS...QUEREMOS TRASLADAR AS NOSAS CURIOSIDADES E AS NOSAS INQUIETUDES POLO MEDIO FACENDO UNHA RUTA DE SENDEIRISMO.

A idea fundamental xorde na aula cando imos ubicando as imaxes no mapa. Pouco a pouco os nenos decátanse de que se perfila unha ruta moi clara, o que eles denominan paseo. Como non, propoñen facer unha saída por unha ruta que aparece no mapa coas súas imaxes claramente apreciable. Son vaias as circunstancias que hai que ter en conta:

accesibilidade e a proximidade entre varios puntos de interese. Esta ruta en concreto os reúne a perfección. Comezamos a pensar na idea de organizar unha ruta de sendeirismo para que entre todos coñezamos os diferentes espazos naturais que estamos a traballar. A ruta 1 será polos arredores da fábrica- conserveira de Massó, na actualidade en ruínas. Ademáis do mencionado, posee un gran valor sentimental para a nosa vila, para as familias e unha alumna está directamente vinculada porque nela traballou a súa avoa.

Os puntos de interese serán: Saída de Massó, parada na Lagoa de patos de Massó e chegada a praia de Areamilla

Primeiro trazamos a ruta coas súas fotos.....

Agora pasamos a diseñala sobre o papel. Será un traballo por parellas.

E así quedou ilustrada....

Elaboramos ademáis os carteis para señalizar os tres puntos de interese da nosa ruta. Previamente solicitamos permiso mediante una carta ó alcalde da vila para pedirlle permiso para colocalos. Non tardamos en recibir una resposta que de forma positiva nos anima a seguir coa nosa ruta.

Como a visita dos nosos compañeiros de proxecto, PIENSA, CREA, ACCIÓN!!!, DE tOLEDO E GIRONA está moi cerca queremos convidalos a facer a nosa ruta e darlles a coñecer estes espazos naturais tan especiais para nós. Facemos unha invitación formal como a ocasión merece....

O último
Busca por tarefas
Busca por cursos
No hay tags aún.
bottom of page