Iniciamos a tarefa "Cangas onte e hoxe"
- cobertordeestrelas
- 9 abr 2015
- 1 Min. de lectura
Iniciamos a tarefa "Cangas onte e hoxe" coa finalidade de coñecer como era Cangas antigamente e observar os cambios que se produciron respecto á actualidade. Para isto, a fotografía é un medio audiovisual idóneo. Recoller fotos antigas de Cangas e intentar reproducilas actualmente dende a mesma perspectiva, observando os cambios producidos, parécenos unha fantástica proposta. E colgalas da Guía audiovisual onde participará todo o colexio, un traballo conxunto precioso.
Comezamos solicitando a colaboración das familias. Aproveitando o tempo de lecer en Semana Santa, elaboramos unha nota pedíndolles que axudasen ó seu fillo/a a atopar fotos antigas de Cangas. Poderían utilizar distintos medios de busca: web, libros, fotos persoais... O prazo máximo de entrega foi á volta das vacacións. As fotos podían presentarse en formato papel o electrónico, debidamente identificadas.
Na nota dirixida as familias, insistimos na importancia de dar ós cativos o protagonismo da actividade. Os adultos foron acompañantes pero eles debían tomar a iniciativa.
Aquí aparecen algunhas das fotos que os nenos trouxeron a clase e que foron seleccionadas para o traballo
コメント