Observamos detidamente as fotos antigas
- cobertordeestrelas
- 15 abr 2015
- 1 Min. de lectura
Unha vez recibidas as fotos, o profesorado fixo unha selección de 10 tendo en conta os seguintes criterios:
- Fotografías do centro de Cangas
- Fotógrafías fundamentalmente non aéreas.
- Fotografías onde se poida identificar o lugar actual sen grandes dificultades.
Este era pois o noso primeiro obxectivo: que identificasen en que lugar foron feitas, xa que, co paso do tempo, o aspecto da nosa vila foise modificando. Así foi o desenvolvemento da actividade:


Por parellas ou tríos, observamos as fotos e respondemos por consenso ás preguntas que aparecían na ficha:
- Poñemos un título á foto.
- Que cores aparecen na fotografía?
- Cal é o elemento máis importante para o fotógrafo/a?
- Onde credes que se colocou o fotógrafo para
fotografar ese elemento?
- Enumerade que aparece na fotografía.
- En que palabras pensades cando vedes esta foto?
- Como vos sentides cando a vedes?
O/a secretario/a anotou os acordos que expón o/a portavoz.
Nun segundo momento, xa en gran grupo, proxectamos as fotos intentando chegar a acordos entre todos/as. A este respecto, contabamos con algunhas fotos actuais, tomadas dende o mesmo punto de vista das antigas, achegadas por unha familia e que nos permitiron comprobar se as nosas hipóteses eran axeitadas ou non.
Aquí observando as fotos antigas e contestando ás preguntas
A observación dun dos grupos
Comments