top of page

Distribuíndo roles para a saída fotográfica


Cada grupo prepárase para a saída: marca no seu plano os lugares dende onde ten que tirar as fotos e pega as fotos antigas na parte de atrás

Para que cada quen tivese atribuída unha función, distribuímos os roles de cada un dos membros do grupo durante a saída:

  • Guía. Leva o plano de Cangas onde está marcado o itinerario do grupo e debe guiarnos polo camiño. Todo o grupo colabora con el/ela nesta tarefa. Material: plano de Cangas co itinerario grupal marcado.

  • Fotógrafo/a. Tira a foto dende a mesma perspectiva. A busca do punto onde debe facerse a foto e que entrará no encadre e que quedará fóra e unha decisión grupal. Material: tablet

  • Fotógrafo/a making of . Fotografía a actividade: dende o desprazamento ata o momento en que facemos a foto. Material: cámara de fotos

  • Secretario/a. Toma nota e fai un debuxo do que ve. Material: ficha de reflexión

Despois da actividade, unha vez na clase, o secretario/a tomará nota das reflexións que debe facer o grupo chegando a un consenso:

  • Foi difícil atopar o lugar da foto? Houbo algunha dificultade? Tivestes que pedir axuda?

  • Cambiou moito o lugar?

  • Que quedou dentro do voso encadre?

  • Que quedou fóra?

  • Parécese o encadre ó da foto antiga?

  • Como funcionou o grupo?

Farán tamén un debuxo da saída entre todos e todas.

O último
Busca por tarefas
Busca por cursos
No hay tags aún.
bottom of page