top of page

Elaboración en my maps dun percorrido polos achados prehistóricos do Morrazo

Este mapa forma parte da nosa Guía audiovisual para nenos “Móvete por Cangas”, cuxo obxectivo fundamental é dar a coñecer a nosa vila ó alumnado da Escola de Bordils e o CPI de Magán. Foi o primeiro paso para que os alumnos/as deseñasen e levasen a cabo de forma autónoma todas e cada unha das accións necesarias para realizar unha saída conxunta co alumnado dos tres centros polos achados prehistóricos da nosa comarca.

1.- Familiarizándose con My maps

  • Nunha sesión inicial, a profesora e unha alumna que ten experiencia no tema, indican nocións básicas sobre o manexo de My maps: como buscar un lugar, como situalo no mapa, como incluír unha foto e información, como calcular os km e o tempo do percorrido… Estas indicacións serán entregadas por escrito a cada alumno/a.

  • En casa practicarán creando un mapa que deben compartir coa profesora vía e-mail.

  • En clase, en gran grupo, farase a posta en común dos mapas individuais, indicando melloras.

2.- Elaborando por grupos o mapa do percorrido

  • Cada neno/a traerá a clase un listado de achados prehistóricos de Galicia.

  • En pequenos grupos (3 alumnos/as) fundirán os seus listados nun e clasificarán por separado os achados do Morrazo e os do resto de Galicia. Se teñen algunha dúbida, poderán buscar en internet cal é a súa ubicación concreta.

  • Unha vez feito o listado, un membro do grupo entrará no seu correo e creará un mapa que compartirá coa profesora e o resto dos compañeiros do grupo. Nese mapa por grupos irán situando os achados do seu listado utilizando un marcador, e incluíndo unha foto e unha pequena información de dúas ou tres frases sobre cada un.

  • Os grupos, ó longo do proceso, compartirán estratexias, especialmente neste intre sobre como determinar o punto exacto onde está ubicado un achado prehistórico se non aparece nas buscas de My maps.

Seleccionando os achados prehistóricos do Morrazo e creando o percorrido en my maps:

O último
Busca por tarefas
Busca por cursos
No hay tags aún.
bottom of page