A nosa lista de esculturas de Cangas
- cobertordeestrelas
- 8 abr 2015
- 1 Min. de lectura
Os nenos e nenas de 5 anos acordamos que, en Cangas, hai esculturas moi interesantes para amosarlles a outros nenos e nenas que queiran visitar a nosa vila.
Despois de escribir unha nota pedindo colaboración ás familias para saber que esculturas hai, estamos a traballar nunha lista común entre todas as aportacións.
Na asamblea da mañá, poñemos en común a información que traemos.


A continuación, apuntamos nunha cartolina o nome de cada unha das esculturas novas que van chegando.

Por último facemos outra actividade por grupos, consistente en ir apuntando na lista que trouxo cada neno ou nena o nome das esculturas que non tiñan escritas.



Comentários